Esta web utiliza cookies para obter datos estadísticos da navegación dos seus usuarios. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información Aceptar

Preguntas frecuentes

Perda auditiva

  1. Por que perdín capacidade auditiva?
  2. Na maioría de casos trátase da evolución natural do sistema auditivo. Así mesmo pode darse por unha exposición prolongada a fortes ruídos, pode ser síntoma dalgunha enfermidade, etc.

  3. Que solucións existen para tratar o problema?
  4. A solución pode ser médica ou quirúrxica nalgúns casos. Tamén pode recorrerse a unha axuda auditiva. É fundamental acudir canto antes ao otorrino para aplicar as posibles solucións á perda auditiva.

  5. Que fai un audioprotesista?
  6. É un profesional que avaliará o grao da súa perda, recomendaralle o instrumento auditivo máis adecuado e responsabilizarase da súa correcta adaptación. Ademais, comprobará periodicamente o bo funcionamento da súa axuda auditiva e a evolución da súa audición.

  7. Cales son os primeiros síntomas?
  8. Os síntomas máis habituais son: pór o volume do televisor máis forte do normal, ter problemas para seguir unha conversación en contornas ruidosas e ao falar por teléfono.

  9. Como afecta o ruído no seu oído?
  10. Unha exposición prolongada a ruídos de forte intensidade pode ocasionar danos permanentes no oído interno. Unha vez producidos os danos non existe tratamento polo que a prevención é moi importante. Hoxe en día existen protectores auditivos pensados para profesionais que traballan en contornas moi ruidosas.

  11. O meu pai está a perder audición, por que se nega a aceptalo?
  12. É o máis habitual. Nun principio o afectado non se dá conta porque se trata dun problema que aparece de forma progresiva. Cando é patente primeiro culpa ás persoas da súa contorna e cando o acepta, en principio, é remiso a utilizar un audífono. É importante facer ver a estas persoas como mellorará a súa calidade de vida.

Audífonos

  1. Por que non podo levar un audífono intra (aloxado no interior do oído)?
  2. Se a perda auditiva é importante, se a canle auditiva é demasiado estreita ou se existe cerumen excesivo ou supuracións non é recomendable.

  3. Por que teño que levar dous audífonos?
  4. A maioría de persoas con perda auditiva téñena nos dous oídos, polo que é lóxico prescribir a adaptación de dous audífonos. Ademais, a audición será moito máis natural, poderase localizar a fonte sonora, etc.

  5. Non me atopo cómodo co audífono.
  6. Non é fácil afacerse ao audífono. E aínda é máis difícil cando o usuario conviviu moito tempo coa súa perda auditiva. Con todo, cun pouco de paciencia e seguindo os consellos do seu audioprotesista a maioría de usuarios conseguen resultados plenamente satisfactorios e melloran notablemente a súa calidade de vida.

  7. Cal é o prezo dun audífono?
  8. Dependerá do grao de perda do usuario – pode ser leve, moderada, severa ou profunda- , do tipo de instrumento – pode ser de peto, cuncha, canle ou microcanal- do circuíto que incorpora – analóxico, programable ou dixital- e das súas prestacións adicionais.